Mestiza que algo queda
RAMON CARIDE OGANDO
El Norte está lleno de frío/y siempre llueve los domingos/ la policía está en peligro/ y siem pre hay detenidos, cantaban os ilegales hai dez anos, e ésta é a imaxe que impera aínda de Euskadi. De camiño para aló, deixamos este Fisterre comesto da choiva míuda e morriñenta, vía Madrid, con destino a Vito ria. Aviaco tenta emular a Renfe e a fé que o consigue. Dúas horas de retraso perdidos nesa térra de ningures que é Bara jas, deixandonos esgotados e cun persistente zumbido no oído interno, no hotel, mergullados nesa peculiar babel idiomático- política vital que é Galeuzka. Galegos, bascos, cataláns e asturianos para falar catro días das vellas teimas: a normalización dos idiomas anormalizados pola anormalidade normalizada.
No segundo avión o ABC, xornal agasallado polas «aero mozas» -marabillosa palabra que tomo emprestada dalgunha dobraxe arxentina- mostrarlos toda a forza e a pureza viva da España inmortal: o paleolítico campmany bate a tralla ñas costas dos corruptos sociatas, mingóte expon óleos e Luisa
Castro - «nuestra chica en la Corte»- demostra á fin que é todo un home coas súas declaracións: «es casi fascista pre sumir de nacionalidad para justificar la creación». Ajoblanco celebra os seus vinte anos cunha cea, convidados: Luis María Ansón, García Trevijano, Raúl del Pozo, entre outros. ¿mestizaxe finisecular ou ansia de seguir chupando -non importa-de-que-teta?. De maior quero casarme como deus manda e que a nova da miña voda saia na páxina 75 do ABC, Boda de doña Ana de España y Pascual de Quinto con don Javier Hernández-Rubio Muñoyerro». Maxinade o resto.
Pervivencia dos arquetipos que se constata ñas conversas e nos debates, tamén dos nosos. Para os non galegos o noso es pacio narrativo natural son as lendas bretemosas e máxicas de meigas, trasgos e defunti■ ños. Cunqueiro é o autor galego citado case en exclusiva. Para non decepciónalos, Bernardino Grana oficia de druida céltico-enxebre nunha taberna do casco vello e recita esconxuros diante do lume azul dun- ha pota de queimada. O seu número é o máis aplaudido da xomada.
Un sol de clima continental alumea garimoso as arces do Parque da Florida. Entre a au tocríticas e o triunfalismo, en tre a dos outros e a ocultación, sucédense as interminabeis leituras de ponencias. Grandes cefaleas e ocasionáis destellos de lume, entre a provocación e o cinismo: «el intríngulis con siste en darse cuenta de lo idiota que es añadir más ruido al mundo y aún así impertérri tamente no callar; narrar -en rollarsecomo buenamemte cada cual pueda». Denunciase a mestizaxe -tema do encontró e penúltima etiqueta promocio nal- como unha nova falacia do colonialismo, malgré tout.
M O N C H O F U E N T E S
Sempre se volve con tristeza e con ledicia
0 e c u a d o r d o t in g la d o
No Ecuador do tinglado, Arantzazu, a meca basca, acóllenos como un claustro materno. Es tética pétrea, dura, maciza, áspera, de resistencia e de loita. De retomo en Gasteiz, ás tantas da mañá, os vellos bares de chiquiteo, reconvertidos en pubs, mostran a mesma estética das covas da montaña. Pedra hermética por fora, calor huma no e humidade tépeda por dentro; teñén algo de refuxios antiaéreos. O abertzalismo, paradóxicamente receptivo por efecto das copas e do cansanzo, mostra o seu lado amábel entre a agresividade sonora do rock radikal e as paredes cubertas de grafittis e cariéis que proclaman a insubmisión e a resistencia. Voltamos ao Salnés, a Cea, a Ourense coa visión de Euskadi mudada, coa tristeza e a ledicia de tódolos retornos.